Please, enable the JavaScript on your browser.
Please, enable the Cookies on your browser.
  • II Concurso de Escaparates e Ambientación de Locais do Concello de Gondomar 2017
    II Concurso de Escaparates e Ambientación de Locais do Concello de Gondomar 2017

    Con dous premios de 300€ para os/as gañadoras de cada categoría.E unha cesta de nadal entre todos os votantes do concurso



    1) Para inscribirse no concurso é obrigatorio ser maior de idade e titular ou cotitular dun establecemento comercial situado no Concello de Gondomar.

    2) Os motivos e decoración dos escaparates e da ambientación dos locais terán como tema as Festas de Nadal.

    3) A inscrición é gratuita.

    4) O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 10 de decembro de 2017

    5) As solicitudes poderán presentarse de luns a venres, en horaro de 09:00 a 14:00 horas, no rexistro municipal, ou a través da sede electrónica, https://concellodegondomar.sedelectronica.gal

    6) Os participantes entregarán un foto do seu local por concurso nesta mésma páxina.

    7) Os escaparates e a ambientación de locais deberán estar expostos entre os días 11 de decembro de 2017 e o 6 de xaneiro de 2018.

    8) Cada participante porá unha urna para as votacións

    9) O/A gañador/a de cada concurso será o que teña máis votos

    • 60% dos votos obtidos en urna

    • 40% mediante votación telemática



    10) Criterio obrigatorio. A adecuación a beirarrúa correspondente ao espazo do local, a colocación dunha alfombra, moqueta ou similar vermella na entrada ocupando o espazo físico da beirarrúa.

    11) Entregaranse os seguintes premios económicos aos titulares ou cotitulares inscritos:

    • Primeiro/a clasificado/a concurso escaparates: 300 €

    • Primeiro/a clasificado/a concurso ambientación de locais: 300 €



    Ademáis entre os participantes da votación en urna sortearase unha cesta de Nadal

    12) A entrega de premios será o 4 de xaneiro de 2018

    13) A participación no “II Concurso de Escaparates e ambientación de locais do Concello de Gondomar Nadal 2017” implica a aceptación destas bases.