Bases legais
FEIRACO LÁCTEOS
BASES DA PROMOCIÓN
"ENTROIDO 2018"

1.- ORGANIZADOR E OBXECTO DA PROMOCIÓN:

FEIRACO LÁCTEOS SL, (en adiante FEIRACO), domiciliada en Ames (A Coruña), en Ponte Maceira-Agron s/n, e con número de identificación fiscal B-15996929, realizará unha promoción denominada “Entroido 2018” (en adiante, a promoción) que se desenvolverá en España Peninsular e na que se sortearán unha edición especial e limitada de 1.000 cuncas Feiraco.

2.- ÁMBITO TERRITORIAL E PERSOAL:

O ámbito territorial da promoción comprende España Peninsular.
Únicamente poderán participar na promoción as persoas físicas maiores de 18 anos e residentes legais en España Peninsular, que adquiran un dos productos Feiraco especificados máis adiante e que cumpran o resto de requisitos establecidos nestas bases legais.

Non se permite a participación de empregados do GRUPO FEIRACO, así como de empresas colaboradoras no deseño, desenvolvemento e execución da presente Promoción, ou daquelas persoas que teñan relación de parentesco ata o segundo grado nin os cónxuxes e parellas dos anteriormente mencionados.

3.- DURACIÓN:

A presente promoción desenvolverase do xoves 1 de febreiro ao mércores 28 de febreiro de 2018, ambos os dous inclusive, e resolverase por sorteo, mediante a aplicación online Easypromos ou Random.org, segundo se explicita no epígrafe 7 "Entrega do premio" destas bases legais.

Por causa de forza maior, causa extraordinaria xustificada e razoable ou por imperativos legais, FEIRACO poderá decidir en calquera momento a interrupción e/ou finalización anticipada desta promoción.

4.- CARÁCTER GRATUÍTO DA PROMOCIÓN:

A PROMOCIÓN é gratuíta e non implica en si mesma un pagamento adicional ou incremento de precio dos productos que se promocionan. Os custos das chamadas, mensaxes telefónicas, correo electrónico ou calquera outra comunicación que deban realizar as persoas participantes e que se detallan no apartado de mecánica da promoción serán da súa conta.

5.- PREMIO DA PROMOCIÓN:

Na presente promoción sortearánse entre todas as participacións válidas recibidas 1.000 cuncas Feiraco de edición limitada conmemorativas do Entroido 2018, con tres deseños diferentes. Os diferentes deseños enviaranse de xeito aleatorio entre os gañadores, non podendo escoller cal desexan recibir.

Establecese un máximo de premio de 1 cunca por persoa.

Os gañadores poderán renunciar aos premios obtidos pero en ningún caso poderán canxealos por outros distintos nin polo seu valor en diñeiro. Asimesmo queda prohibida a comercialización e/ou venda do dereito a obtención do premio.

A renuncia non dará ningún dereito de indemnización ou compensación.

6.- FORMA DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN:
Optarán ao premio da presente promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos, con residencia en España Peninsular que cumpran os seguintes requisitos:
1.- estar rexistrado na rede social Facebook;
2.- subir á aplicación do concurso unha fotografía dunha caixa agrupadora (6x1 litro) Edición Especial Entroido 2018 de leite FEIRACO enteiro, semidesnatado ou desnatado ou leite FEIRACO SEN LACTOSA desnatado ou semidesnatado ao lado do ticket de compra de devandito produto, datado entre o 20 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2018, no que se vexa claramente a seguinte información:
Información do centro no que se adquiriu a compra: nome, enderezo, localidade.
Número de ticket de compra.
Data do ticket de compra (só validos entre o días 20 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2018).
Liña de proba de adquisición dunha caixa de 6x1litro de leite FEIRACO enteiro, semidesnatado ou desnatado ou FEIRACO SEN LACTOSA desnatado ou semidesnatado.
3.- facer constar de forma expresa a súa vontade de participar na súa condición de fan da devandita entidade, comunicando a súa solicitude de participación durante os días 1 e o 28 de febreiro de 2018, ambos os dous inclusive, rexistrándose na forma indicada na aplicación do concurso indicando os seguintes datos:
• nome e apelidos
• enderezo electrónico de contacto e teléfono
• enderezo completo e cidade
4.- Declarar que non é empregado de Feiraco nin está incluído dentro das prohibicións de participación establecidas na segunda cláusula destas bases legais.
Cada participante poderá enviar tantas participacións como considere oportuno durante o período da Promoción, sempre e cando cada participación correponda a un ticket de compra diferente.
Se nun mesmo ticket de compra hai varios agrupadores FEIRACO dos contemplados nesta Promoción, o usuario poderá participar co mesmo ticket o mesmo número de veces que agrupadores mercara.
Se varias persoas participan co mesmo ticket de compra serán automáticamente anulados da promoción por entenderse que transgreden as normas de boa fe.

Establecese un máximo de 1 cunca por persoa. Consideraranse nulas, para os efectos da súa participación, aquelas inscricións que non cumpran estes requisitos ou que non faciliten a totalidade dos datos persoais requiridos. Os datos persoais facilitados deberán ser veraces; en caso de falsidade, erro ou inexactitude, as persoas solicitantes consideraranse automaticamente non admitidas na promoción.
Feiraco poderá instar a exclusión da promoción todas aquelas fotografías inapropiadas, inadecuadas ou que incumpran o establecido nas presentes bases, que puidesen atentar á dignidade das persoas ou que vulneren os valores e dereitos recoñecidos na Constitución.

7.- ENTREGA DO PREMIO:

Entre os días 1 de marzo e 10 de marzo de 2018 celebrarase o sorteo entre todas as participacións válidas, que se realizará mediante a aplicación Easypromos, random.org ou similar, e que será inapelable. Unha vez concluído o sorteo, publicarase na páxina oficial de Facebook de Feiraco (facebook.com/feiracolacteos) un enlace que dirixe á aplicación do concurso coa lista cos nomes dos gañadores e 100 suplentes.
Os gañadores deberán aceptar o seu premio na aplicación do sorteo, indicando nome, apelidos, DNI, dirección completa e teléfono de contacto.

En ningún caso poderá substituírse o premio polo seu valor económico nin poderá cederse a outra persoa distinta do gañador.

FEIRACO resérvase o dereito de que o premio quede deserto, no caso de que nin os participantes nin ningún dos suplentes cumpran os requisitos citados nestas bases.

Os premios serán remitidos por mensaxería nun prazo de 30 días laborais.

8.- CONDICIÓNS E RESERVAS:

A comunicación dos datos persoais por parte dos participantes a través do perfil de FACEBOOK de fans oficial de FEIRACO, é requisito obrigatorio para que os gañadores poidan recibir o premio obtido como participantes lexitimamente admitidos ao sorteo, así como a súa maioría de idade. De resultar agraciada algunha persoa que non cumpra estes requisitos a súa participación resultará automaticamente excluída e o premio outorgaráselle ao/á inmediato/a suplente. Terán condición de suplentes os seguintes da lista por orde de inscrición.

FEIRACO descartará aquelas participacións que sexan abusivas ou fraudulentas e non se fai responsable da veracidade dos datos facilitados polos participantes. Este concurso organízase coa pretensión de incentivar e fomentar a participación de todos os consumidores, premiando a fidelidade en condicións de igualdade e con estrito respecto ao principio xeral da Boa Fe. Por ese motivo, FEIRACO excluirá automática e inmediatamente del a calquera participante que transgrida as normas da boa fe, observe unha conduta mendaz ou inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos, en caso de que as irregularidades, ou calquera outras, se detecten con posterioridade á entrega efectiva dalgún dos premios, FEIRACO resérvase o dereito de exercitar as accións legais pertinentes contra o seu autor ou responsable, entre outras, as tendentes á devolución dos premios.

Os premios da promoción non se poderán sustituír por outros a petición do gañador, nin poderán ser cambiados polo seu valor en metálico. FEIRACO resérvase, en calquera caso, o dereito a mudar os elementos da promoción por outros de igual ou superior valor cando concorra xusta causa, e ademais, tamén, resérvase o dereito a anular, suspender ou modificar a promoción por FEIRACO, se por causas técnicas ou de calquera outra índole allea á vontade desta, esta non puidese cumprir co normal desenvolvemento da promoción, segundo o estipulado nas presentes bases.

O non previsto nestas bases, que se interpretarán en conxunto, rexerá a normativa legal disposta que sexa de aplicación, integrándose os baleiros ou dúbidas conforme á boa fe, usos comerciais e técnicos que resulten axeitados, e principios xerais do Dereito.

9.- TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS:
Os datos de carácter persoal que faciliten as persoas participantes neste concurso serán tratados dando estrito cumprimento ao establecido na Lei Orgánica, 15/1999, do 13 de Decembro, de Protección de datos de carácter persoal, e no Real Decreto 1720/2007, do 21 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento dela.
A persoa participante coñece e consente que os seus datos persoais sexan incluídos nun Ficheiro titularidade de FEIRACO LÁCTEOS, con domicilio en Ponte Maceira-Agron s/n, e con número de identificación fiscal B-15996929, quen os usará e tratará sen que xere ningún tipo de remuneración, conforme ao previsto na lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, coa finalidade de enviar información por calquera medio (correo electrónico, sms..) acerca da presente ou ulteriores accións promocionais, así como de calquera dos produtos e marcas distribuídos por FEIRACO.

Non obstante, este dereito poderá ser revogado no momento en que o participante estime oportuno. FEIRACO LÁCTEOS garante os seus dereitos de acceso, cancelación, oposición e rectificación. Para exercer estes, o participante terá que dirixirse a Ponte Maceira-Agron s/n, Ames (A Coruña), identificándose de forma fidedigna, para verificar a súa identidade e non poñer en risco a súa privacidade e confidencialidade.


10.- PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL:

A persoa participante declara e garante ser a autora, a titular ou dispoñer ao seu favor dos dereitos de propiedade industrial e intelectual sobre a fotografía que comparte na pestana do concurso.

A persoa participante, ou quen a represente legalmente nos casos en que proceda, autoriza a FEIRACO á publicación da fotografía na páxina de Facebook, na páxina web corporativa de Feiraco, no blog corporativo de Feiraco ou por calquera outro medio que decida FEIRACO LÁCTEOS.

FEIRACO non se responsabiliza da fotografía enviada nin dos comentarios verquidos nela polas persoas usuarias.

11.- ACEPTACIÓN DAS BASES:

A remisión da solicitude de participación na promoción implica a aceptación da totalidade das presentes bases polos participantes. A manifestación en contrario polo participante implicará a exclusión de éste da promoción e FEIRACO quedará liberada do cumprimento da obriga con dito participante.

12.- LITIXIOS:
A lexislación aplicable ás presentes bases é a española. Os participantes, con renuncia expresa de calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela. Aos efectos de calquera notificación ou requirimento que resulte necesario efectuar por calquera causa relacionada ou derivada do presente sorteo, entenderase designado como domicilio destes os que consten salientados na comunicación da participación na presente promoción.